×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

Durante o Encontro abordarase a evolución, tratando a relación da dieta atlántica coa epigenética, a pegada de carbono ou os lácteos; profundando no seu protagonismo na distribución alimentaria e analizando un exemplo práctico que se está desenvolvendo no Concello da Estrada. Concluirase centrando as intervencións no futuro, vendo a relación dieta atlántica e actividade física ou muscular fitness, a adherencia en Galicia, Portugal e Francia así como as similitudes entre dieta mediterránea e dieta atlántica.

Estes serán os catro grandes bloques temáticos que vertebrarán o programa do Encontro co que se busca dar difusión á Dieta Atlántica para a saúde e o benestar da poboación, xa que este é, xunto co estudo e a investigación, os obxectivos fundamentais cos que nace a Fundación Dieta Atlántica.

Este terceiro simposio internacional sobre a Dieta Atlántica está patrocinado por Vegalsa-Eroski e organizado pola Fundación Dieta Atlántica ( Universidade de Santiago de Compostela) en colaboración coa Dirección Xeral de Saúde Pública (Consellería de Sanidade) e a Secretaría Xeral para ou Deporte (Presidencia).

Programa Inscrición