×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

Obxecto:

O obxecto destas bases é a concesión das axudas do Programa Principia da Axencia Galega de Innovación dirixidas ás empresas e organismos de investigación en Galicia, destinadas ao fomento da contratación durante un período mínimo dun ano de persoal para a realización de actividades de I+D+i aliñadas coas prioridades establecidas na RIS3 para Galicia, co fin de favorecer a súa carreira profesional, así como estimular a demanda no sector público e privado de persoal suficientemente preparado para acometer proxectos de I+D+i.

Beneficiarios:

Poderán ser beneficiarias destas axudas:

  • As empresas, de calquera tamaño, con domicilio social ou centro de traballo en Galicia.
  • Os organismos de investigación públicos ou privados galegos ou con centro de traballo en Galicia, tendo en conta que quedan obrigados a destinar a axuda recibida a usos relacionados con actividades non económicas e relativas a actuacións de I+D+i.

Importe da financiación:

A contía da axuda en concepto de incentivo que percibirán as entidades beneficiarias será de 10.000 euros por cada persoa contratada. Cada entidade poderá solicitar a axuda para ata un máximo de 5 contratos, tendo en conta que as primeiras 2 contratacións se concederán por orde de puntuación.

Gastos subvencionables:

Serán subvencionables ao abeiro desta convocatoria as contratacións de persoal tecnólogo para a realización de actividades de I+D+i, que se formalicen desde o día 1 de xaneiro de 2019 ata o 1 de decembro de 2019, ambas inclusive, e que cumpran as características detalladas nas bases.

Prazo de presentación de solicitudes:

O prazo estará aberto ata o 11 de abril do 2019.

Referencia lexislativa:

Publicación DOG nº8

Para máis información:

No enderezo electrónico: info@clusaga.org ou ben no teléfono: 881023853

DOG nº8