×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
Viña Costeira S.C.G

A Adega Viña Costeira naceu en 1968. Só dous anos despois do seu nacemento, puxo no mercado a marca Pazo, o primeiro ribeiro embotellado e etiquetado.

Ao mesmo tempo, a Adega daba pasos relevantes para acadar os seus obxectivos: recuperar as variedades de calidade que caracterizaban o mellor ribeiro e modernizar as técnicas de elaboración.

Treixadura, Torrontés, Loureira, Lado, Albariño e Godello son as grandes variedades autóctonas que interveñen na elaboración dos brancos e delas toman a súa frescura, o seu corpo e os seus aromas.