×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
Mieles Anta S.L.

Meles Anta nace co obxectivo de facer da tradición familiar unha empresa coa que aproveitar os recursos que a natureza ofrece. Traballa no sector apícola dende a década dos oitenta, na que comeza a instalación das súas colmeas nas serras galegas dos Ancares e do Courel.

A empresa conta tanto con colmenares tradicionais como ecolóxicos; uns 8.000 en total, dos cales 5.000 están inscritos no Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia. Cada unha destas colmeas produce unha media de 25 quilogramos de mel anualmente.

Ademais do selo "Mel de Galicia", Meles Anta dispón do certificado europeo de produción ecolóxica.