×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
Consello Regulador da Indicacións Xeográficas Protexidas de Carne de Vacún de Galicia

A Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega comeza o seu funcionamento no ano 1989, adicado ao control íntegro do proceso de elaboración da carne de vacún galega.

A carne comercializada baixo o amparo da I.X.P. Ternera Gallega é exclusivamente de tenreiros nacidos, criados e sacrificados en Galicia, que proceden de razas autóctonas e os seus cruces e que superaron un rigoroso programa de control integral. Os tenreiros están controlados dende o seu nacemento, na crianza (alimentación e coidados sanitarios) ata o seu sacrificio.

En función da alimentación que reciben, da idade á que son sacrificados e do tipo de explotación na que son criados, a Indicación Xeográfica Protexida, pode certificar tres tipos de carne diferentes: Ternera Gallega, Ternera Gallega Suprema e Ternera Gallega Añojo.