×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

O Salón de Alimentación do Atlántico Salimat celebra o seu vixésimo aniversario do 9 ao 12 de xuño, no recinto Feiral de Silleda , afianzando a súa efectiva proposta de contacto coa distribución e o consumidor. Dende a súa ampla experiencia e o seu profundo coñecemento do sector alimentario e gastronómico este salón aposta en 2016 por maximizar os seus aspectos clave tales como, un área expositiva para mostrar de forma singular, un programa para descubrir e poñer en común, uns encontros de compradores para abrir mercado de difícil acceso e unha dobre orientación para chegar a tódolos tipos de demanda.

Unha suma de oportunidades

A exposición terá como eixes a calidade, a innovación e o valor engadido dos seus produtos, creando un escaparate con gran singularidade, atractivo comercial e valor para testar novidades ante decenas de miles de consumidores.

O seu programa de actividades está pensado para o intercambio de experiencias e ideas a través de xornadas, showcookings, talleres e catas, na área de novos produtos.

Por outro lado, en colaboración co Clúster Alimentario de Galicia, a presente edición conta cunha eficaz ferramenta de celebración de reunións B2B onde participarán os principais importadores e compradores internacionais e nacionais respectivamente, facilitando a ampliación da carteira de clientes. Nesta liña, destacan as xa confirmadas grandes caedas de distribución nacionais coma Makro, Carrefour, Gadisa e Vegalsa-Eroski.

Inscrición

Para contratar espazo na feira debe enviar o impreso axuntado de Solicitude de Espazo ao mail salimat@feiragalicia.com, xunto co xustificante do abono do pago correspondente á preserva en función da superficie solicitada; as empresas asociadas ao CLUSAGA poderán ter un desconto na súa participación. Asemade pode inscribirse nos encontros con compradores nacionais e internacionais.

Para máis información na seguinte ligazón, no teléfono 986577000 ou no correo salimat@feiragalicia.com

Solicitude stand

Solicitude entrevista