×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

O proxecto Nutriage conta cun orzamento total de 3,5 millóns de euros, dos cales o 75% son financiados pola Unión Europea ao abeiro do programa de cooperación interterritorial Interreg V 2014-2020 e no marco da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Os socios participantes nesta proposta son, por parte de Galicia: a Xunta, a Universidade de Santiago de Compostela, o Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, o Clúster Alimentario de Galicia e o Centro Tecnolóxico Anfaco-Cecopesca. Por parte de Portugal, as entidades implicadas nesta acción son a Universidade Católica Portuguesa de Porto, o Instituto Politécnico de Viana do Castelo, Portugal Foods e as Casas da Misericordia de Porto e Viana do Castelo.

O obxectivo do proxecto é, asegurar un envellecemento saudable a través da avaliación, estudo e deseño de estratexias nutricionais personalizadas fundamentadas sobre a alimentación tradicional atlántica e o desenvolvemento de novos produtos alimenticios que optimicen o estado nutricional das persoas maiores e preveñan o seu declive funcional e cognitivo xerando capacidades en I+D+i que favorezan a mellora da calidade de vida das persoas maiores a partir da nutrición, reforcen a sustentabilidade e eficiencia do sistema socio-sanitario e incentiven o crecemento e a xeración de novas oportunidades de negocio para a industria agroalimentaria.

Programa