×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

FIAB co apoio do ICEX, España Exportación Inversións no marco do Plan Sectorial 2017,convoca a participación na Feira Sial China que terá lugar entre o 17 e o 19 de maio en Shanghai.

Sial China

A Feira Sial China 2017 é a edición número 17 desta Feira internacional que, xunto coa Food & Hotel China, é a maior exposición internacional da industria de alimentación e bebidas en China, especializada tanto na gran distribución como na canle horeca en China.

A edición de 2016 contou coa presenza de 2.942 expositores de 67 países diferentes, sendo organizados 61 pavillóns internacionais O número de visitantes na pasada edición foi de 76.986, sendo unha das feiras cunha maior afluencia.

FIAB organiza ademais unha serie de actividades paralelas á Feira como La Cuisine by Sial, Sial Innovations, Wine Business Meetings, World Tour by Sial ou Best Buy China.

O mercado chinés de alimentos e bebidas

China, cunha poboación de máis de 1300 millóns de habitantes e unha crecente clase media sitúase como o mercado potencialmente máis grande do mundo.

As exportacións españolas a China incrementáronse nos últimos anos; situándose o crecemento interanual en 2015 nun 8,8%. Neste ano China ocupou a sétima posición por valor exportado e a terceira posición se non consideramos os mercados europeos. O sector de alimentos e bebidas é un dos que observou un crecemento significativo, representando en 2015 o 18,3 % das exportacións totais fronte ao 10,5% que representaba en 2013.

Dentro deste sector destacan especialmente os produtos cárnicos (7.4%), graxas e aceites (2.8%), viños (2,5%) e produtos hortofroitícolas (1,1%).

Inscrición

A inscrición debe facerse a través da páxina web de FIAB. Data límite de inscrición 13 de xaneiro de 2017.

Para máis información pode consultar a Paloma Martín a través do seguinte enderezo electrónico p.martin@fiab.es

Convocatoria