×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
Unha expedición de Clusaga visita a Feira Tecnolóxica Hannover Messe

O Clúster Alimentario de Galicia (CLUSAGA), no programa de misións tecnolóxicas realizou unha misión directa, entre os días 24 e 28 de abril de 2017, coa visita a Feira Tecnolóxica Hannover Messe.

A tarefa principal da misión foi o coñecemento das últimas novidades tecnolóxicas relacionadas coa automatización industrial, a factoría dixital, a enerxía, a subministración industrial ou a investigación e a tecnoloxía produtiva. Desta forma pódense adquirir as nocións necesarias así como os instrumentos adecuados para avanzar cara a Industria 4.0, sendo este un dos obxectivos recollidos no Plan Estratéxico do Clúster Alimentario de Galicia para os anos 2016-2020. Dentro deste eido, a expedición puido desfrutar dun tour guiado centrado nas principais novidades da Industria 4.0

A representación do Clusaga estivo encabezada polo Xerente da asociación, Roberto Alonso, o cal destacou as importantes innovacións e coñecementos tecnolóxicos que alí se presentaron. Ademais estivo acompañado polas empresas socias do clúster: Congalsa S.L., Innolact S.L., Quival S.A.; Lago, Aves, Huevos y Caza, S.A.; Feiraco Lácteos S.L., Queizuar S.L. e Agrupación de Cooperativas Lácteas S.L.

A feira demostrou que incluso empresas con recursos limitados poden identificar e aproveitar o poder da dixitalización. Asemade contou con numerosos eventos paralelos, divididos en foros, conferencias, eventos especiais, premios ou matchmakings.