×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
O mercado holandés achégase ao sector vitivinícola galego da man do clúster

visita dos importadores a unha bodega

O Clúster Alimentario de Galicia organizou a visita á comunidade galega dunha delegación de cinco importadores e distribuidores especializados en viño procedentes de Holanda. O obxectivo foi estreitar as relacións comerciais e fomentar as exportacións de viños galegos aos Países Baixos.

O mercado do viño en Holanda

Holanda convértese cada vez máis nun país de cultura e consumidor de viño, de feito o consumo aumentou considerablemente nas últimas décadas, impulsado pola actitude positiva dos consumidores holandeses cara o viño, aínda que nos últimos anos o crecemento retardouse. Tamén hai máis interese en viños de calidade/de orixe/de autor, catas e cursos enolóxicos. Cada holandés consome aproximadamente 21 litros de viño por ano (2014), unha cifra media a nivel europeo.

Desenvolvemento da misión comercial

A misión comercial inversa desenvolveuse en Galicia os días 21 e 22 de xuño, formando parte do programa misións comerciais inversas Meet the Buyer e co apoio do IGAPE. A misión comercial estivo integrada por un selecto grupo de compradores do sector vitivinícola holandés que mediante unha ruta guiada puideron acercarse e coñecer de primeira man ao sector vitivinícola galego.

A misión desenvolveuse a través de visitas a algunhas das principais adegas de Galicia situadas en dúas zonas de produción de referencia do sector vitivinícola: Ribeira Sacra e Rías Baixas. Entre as participantes destacamos: Vía Romana, pertencente ao grupo Vinigalicia, Adegas Campante, Adegas Galegas, Terra de Asorei e Martín Códax.

En todas elas, os importadores puideron achegarse ao modo de produción e contido do noso ribeiro, mencía e albariño, así como participar en demostracións e catas descubrindo os seus sabores e aromas.