×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
O director da GAIN salienta as oportunidades para a I+D+i colaborativa no Cluster Alimentario de Galicia

clausura da xunta directiva a cargo de Manuel Varela, director do GAIN

A xunta directiva do Clúster Alimentario de Galicia celebrou hoxe unha xuntanza nas oficinas de Clavo Congelados, en Caldas de Reis. Esta xuntanza centrouse na avaliacion do plan estratéxico 2011-2015 e no deseño das liñas mestras do novo plan estratéxico 2020. Na xuntanza participaron os integrantes da xunta que representan a súa vez empresas líderes dos diferentes sectores de alimentación e bebidas, as tres universidades galegas e centros tecnolóxicos galegos.

Plan estratéxico 2020. Novas oportunidades e retos

A xunta directiva analizou a recompilación das actividades realizadas incluídas no informe de actuación do 2011- 2015 e o informe das contas anuais do exercicio 2015. Asemade o plan de actuación e o orzamento de 2016.

A sesión estivo centrada no deseño inicial do novo Plan Estratéxico do Clúster Alimentario de Galicia, na cal se presentou o esquema inicial de traballo, se avaliaron as medidas executadas e se tiveron en consideración novas medidas e eixes de actuación para desenvolver no plan co horizonte do ano 2020.

A xunta directiva foi clausurada por Manuel Varela, director da Axencia Galega de Innovación (GAIN) salientando as novas oportunidades de futuro ligadas á innovación coma o programa europeo Horizon 2020, as liñas de compra pública innovadora e o apoio á evolución cara o modelo industrial de futuro: Fábrica 4.0.