×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

O Clúster Alimentario de Galicia vén de participar na FHC China 2015, unha feira celebrada en Shanghai entre o 11 e o 13 novembro a través do proxecto Primex China, sendo unha cita de referencia no mercado chinés para os sectores de alimentación, bebidas e hostalería.

A feira está dedicada exclusivamente aos produtores estranxeiros e intenta atraer cada ano a máis importadores e distribuidores locais interesados na adquisición de produtos importados. Trátase dunha feira imprescindible para coñecer de primeira man a situación do mercado dos produtos agroalimentarios en China, comprobar as posibilidades deste mercado, mostrar os produtos propios e observar as tendencias da competencia.

Durante esta edición celebrouse tamén a Prowine China 2015, un Hall de viños que se organiza en cooperación cos organizadores da feira Prowein de Düsseldorf. Este Hall diferenciado responde ao crecente interés que están a espertar os viños europeos entre os profesionais chineses.

O evento logrou unha participación de máis de 2.000 empresas de 66 países e arredor de 35.000 visitantes, os cales son responsables de compras de retailers, importadores, distribuidores e do sector da hostalería de China.