×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
O CLUSAGA presenta o proxecto de industria 4.0

O Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) organizou o pasado 4 de Xullo unha xornada sobre Industria 4.0 onde presentou como funciona este modelo a nivel mundial, casos de éxito en Galicia así como programas de impulso para as empresas.

Os novos desenvolvementos tecnolóxicos, a hiperconectividade e a globalización da economía están a plantexar importantes oportunidades e retos á nosa economía. A industria tamén debe abordar estas oportunidades e retos, para evolucionar e posicionarse coma un sector forte, competitivo e de referencia internacional.

O evento arrancou coa inauguración do mesmo por parte de Juan Cividanes, Director do IGAPE facendo unha breve introdución deste campo así como da posición da súa institución á hora de fomentar e traballar con este tipo de programas.

Máis adiante puidemos coñecer a industria 4.0 no mundo coas intervencións de Óscar Gallego, Director senior de Europa de Manufacturing General Electric Digital y Pascual Deidos-Pleite, Presidente Siemens Industry Software.

Por outra banda, presentáronse casos de éxito en proxectos piloto 4.0 mediante representantes do Clúster da Madeira e o Deseño de Galicia, ASIME, CEAGA e o Clúster Alimentario de Galicia, este último amosando as experiencias dos seus asociados.

Para finalizar, a clausura levouse a cabo por Begoña Cristeto Blanco, Secretaria Xeral de Industria e Francisco Conde, Conselleiro de Economía, Emprego e Industria. Este último decantouse pola formación e o talento como piares da Industria 4.0. Anunciando neste eido unha nova convocatoria tanto das bolsas formativas para proxectos de mellora nas pemes galegas como do programa Capacita.