×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
O Clusaga comparte as chaves para a comercialización de produtos infantís no workshop de peche do proxecto iALIMENTec

O Clúster Alimentario de Galicia celebrou hoxe a xornada de peche do proxectoiALIMENTec. Nunworkshop no que colaboraron a consultoraTheModernKids, o clúster infantilKIDS Clúster,Eurecat e a empresa Casa Grande deXanceda. Ao longo da xornada expuxéronse os desafíos que supón a comercialización de produtos infantís.

Proxecto iALIMENTec

O proxectoiALIMENTec,coordinado polaAEI Clúster Alimentario de Galicia, no que participan varias empresas, organizacións e centros tecnolóxicos e de coñecemento de Galicia e Cataluña ten como finalidade a de desenvolver alimentos mellorados, adaptados á demanda e necesidades do segmento de poboación infantil, máis saudables, que repercutan positivamente no seu benestar e calidade de vida.

Financiado polo Ministerio de Economía, Industria e Competitividade o proxecto busca promover a competitividade das empresas a través da colaboración nunha contorna virtual aberta (plataforma) facilitando o desenvolvemento de procesos colaborativos de apoio á innovación, con vistas a facilitar a elaboración a nivel piloto de alimentos novos ou mellorados destinados á poboación infantil, con idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos.

A xornada de traballo

O evento foi inaugurado coa intervención de Anna López, xerente do KIDS Clúster, que compartiu un informe da situación actual da poboación infantil, así como algúns consellos para relacionarse con este público. Seguidamente, Ignasi Papell Business Development Manager do Centro TecnolóxicoEURECAT, achegou o punto científico á xornada, explicando como estruturar os argumentos científicos en produtos alimentarios saudables.

Tras a pausa de café-networking tivo lugar a ponencia de Miguel González-Durán, CEO de TheModern Kids Family, quen de forma moi amena comentou as claves para a comercialización de produtos e servizos para nenos entre 6-12 anos. Seguidamente, os asistentes puideron gozar da exposición dun caso de éxito en comercialización de alimentos para nenos. Jessica Rey, márketingmanager de Casa Grande deXanceda, contou todos os segredos do seu éxito.

Despois das ponencias, tivo lugar unha mesa redonda moderada por Alfonso Pérez, responsable do Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias ( APLTA) na que representantes das empresas socias do proxecto ( Portomuíños, GranjaCampomayor eInnolact) tiveron a oportunidade de contar a súa experiencia no proxectoiALIMENTec xunto coa exposición dalgúns resultados obtidos.

Como peche da xornada tivo lugar a intervención do xerente do Clúster Alimentario de Galicia. Roberto Alonso presentou a plataforma virtual de iALIMENTec, que seguirá activa tras de finalizarse o proxecto.

A plataforma virtual iALIMENTec

Dentro do obxectivo principal do proxecto iALIMENTec da creación de interacción tanto entre empresas, centros de coñecemento, organismos públicos, así como usuarios finais (familias, educadores, médicos) da contorna da alimentación infantil xorde a plataforma virtual iALIMENTec.

Esta plataforma permite aos usuarios rexistrados xerar diferentes ítems: propostas, formular desafíos e preguntas abertas. Isto axudará á comunidade multidisciplinar a identificar e entender os oportunidades e retos, buscar solucións, agregar novas dimensións e inspirar ás empresas para innovar no ámbito da alimentación e nutrición infantil.

Pode participar en www.ialimentec.com