×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

A Secretaría Xeral de Industria e da Pequena e Mediana Empresa (SGIPYME) convoca o Programa de crecemento empresarial co obxectivo de mellorar a capacidade de crecemento e a competitividade das PEMES industriais do sector da alimentación.

Finalidade/ Obxectivo

O Programa de Crecemento Empresarial ofrece ata un total de 85 horas de asesoramento (45 horas de asesoramento básico e 40 horas de asesoramento ampliado, que se poden solicitar en tramos de 8 horas) e en 6 áreas temáticas:

  • Dixitalización
  • Innovación
  • Finanzas
  • Márketing e comercialización
  • Operacións
  • Recursos Humáns

As 45 horas de asesoramento básico inclúen a elaboración dun diagnóstico de situación, dun plan de mellora para crecer nunha área temática, asi como dun seguimento para apoiar a posta en marcha dun plan de mellora (equivalente a 45 horas de asesor). Ademais, as empresas, conxuntamente co asesor designados por EOI, poderán elixir ata 2 áreas temáticas adicionais. Os expertos serán asignados pola Escola de Organización Industrial (EOI), Fundación Pública do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, contando todos eles cunha ampla experiencia no asesoramento empresarial.

Con este programa preténdense mellorar a competitividade global, desenvolver unha estratexia de crecemento, incorporar a cultura de innovación na empresa, mellorar a xestión dos recursos humanos e os procesos de produción, desenvolver novos canais de venda e comunicación online, mellorar a imaxe e conseguir un mellor crecemento e recoñecemento de marca, aumentar a facturación e o beneficio empresarial e tamén, buscar fontes de financiación e axudas públicas.

Beneficiarios potenciais

As Pemes españolas que necesiten mellorar a súa competitividade e capacidade de crecemento e que desenvolvan a súa actividade industrial, entre outros, no sector de alimentación e bebidas.

Custo de participación

A SGIPYME cubre o 85% do custo deste Programa.

Si seleccionan a empresa, disporá de 45 horas de asesoramento básico, que pode ser ampliable segundo as necesidades, ata un máximo de 85 horas.

O servizo de asesoramento básico, no que se realizará o diagnóstico, o plan de mellora na temática de asesoramento escollida e o seguimento para a súa implantación, suporá unha dedicación de 45 horas de asesor por empresa. Do custo total do servizo, a empresa aboará 765 € + ive, aportando o resto o SGIPYME.

Prazo de presentación

As empresas poderán inscribirse dende o lanzamento de esta convocatoria ata o 30 de outubro de 2016, sempre que queden fondos dispoñibles a esa data. O asesoramento terase que realizar antes do 30 de decembro do 2016.

Mais información

Pode obter mais información deste programa na seguinte ligazón, no teléfono 913495617 e no enderezo electrónico programacrecimiento@minetur.es

Convocatoria Inscrición