×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
Clusaga e Vive Malasaña celebran en Madrid unha Masterclass de Gastronomía Gourmet de Galicia

O Clúster Alimentario de Galicia e a Asociación Vive Malasaña organizaron o pasado día 13 de novembro unha masterclass de Gastronomía Gourmet de Galicia dentro do marco de actividades da Semana Gastronómica de Madrid en Galicia.

Este evento foi o punto de partida para que expertos en restauración, empresarios ou fanáticos da cociña coñeceran de primeira man a calidade da materia prima dos produtos galegos, elaborados de forma innovadora polos chefs de recoñecido prestixio: Fran Silva, Tino Otero, Luis Vázquez e Oliver Fernández, os cales demostraron as súas dotes culinarias ante os presentes. O espazo escollido para a ocasión, foi a aula de cociña de ACYRE (Asociación de Cocineros y Reposteros de Madrid).

A degustación elaborouse en forma de tapas e menús grazas aos produtos que aportaron as empresas asociadas ao Clúster Alimentario de Galicia, as cales son líderes en innovación e en ofrecer ao consumidor a maior calidade do mercado. Pazo de Vilane, Campo Capela, Quescrem, Portomuiños, Coren, Torre de Núñez, Ameixas de Carril, Mexillón de Galicia, Ternera Gallega e Queixo Arzúa Ulloa demostraron que o sector alimentario de Galicia está na vangarda do país, cuns produtos que deixaron satisfeitos aos alí presentes.

Estes mesmos produtos poderán ser degustados de novo dentro de dúas semanas nas actividades programadas no barrio de Malasaña e Conde Duque, uns dos barrios máis concorridos de Madrid, onde conviven comercios tradicionais con novos locais destinados a un público novo e foodies que buscan produtos auténticos, naturais e innovadores, convertendo esta zona en lugar de referencia e visita obrigada para os amantes da gastronomía.