×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
A comisión de innovación e I+D aproba o informe das actuacións na área de I+D+i da anualidade 2015

grupo de traballo na comisión de innovación e i+d

A comisión de innovación do CLUSAGA mantivo hoxe unha xuntanza en Santiago de Compostela coa finalidade de definir o punto de partida de cara a elaboración do novo Plan Extratéxico 2015-2020 que marcará a liña de actuación do Clúster nos vindeiros anos. Asemade, na xuntanza aprobouse o informe das actuacións realizadas na área de I+D+i na anualidade 2015 dentro da Axenda Estratéxica de Innovación.

Comisión participada por unha ampla representación empresarial multisectorial, as tres universidades galegas e os centros tecnolóxicos da nosa comunidade: ANFACO, CETAL e CTC,presentáronse ademais os novos proxectos propostos a diferentes liñas de financiamento que marcarán a ruta de traballo de cara ao vindeiro ano 2016.

Ademais, deuse lugar ao recoñecemento do traballo que o Clúster ven realizando no ámbito de propostas a “Fabricación intelixente” dentro da “Axenda de Competitividade Industrial: Galicia – Industria 4.0”, así coma no posicionamento e posta en valor do sector a través da I Edición dos Premios Galicia Alimentación que tiveron lugar este ano na Cidade da Cultura de Galicia. Por outra banda, a Comisión acordou seguir traballando e apoiando as diferentes iniciativas que están a xurdir dentro da liña estratéxica de nutrición e saúde.

Por outra banda, aprobouse a concorrencia do Clúster Alimentario de Galicia a auditoria externa a fin de acadar a Silver Label of the European Cluster Excellence Initiative (ECEI) co fin de obter un incremento do recoñemento internacional e a correspondente alienación cunha metodoloxía de mellora continua seguida pola Fundación Europea para a Xestión da Calidade (EFQM). O Clúster Alimentario de Galicia posúe actualmente a Bronze Label of the European Cluster Excellence Initiative (ECEI).