×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

A Business Factory Food busca solucionar retos do sector alimentario e industria 4.0, a través de empresas en vías de constitución ou recentemente constituídas, ofrecendo para iso financiamento, infraestruturas, mentorizaxe, coaching e formación.

A aceleradora, promovida pola Xunta de Galicia, conta coa dinamización, xestión e coordinación do Clúster Alimentario de Galicia ( CLUSAGA) e co apoio de grandes empresas tractoras do sector, como Grupo Calvo, Grupo Nova Pescanova, Adegas Martín Códax,Kiwi Atlántico, ClavoFood Factory,CLUN Cooperativas Lácteas Unidas,Quescrem e Torre de Núñez.

Participan as tres universidades galegas, a Asociación Galega de Cooperativas Agrarias ( AGACA), Anfaco- Cecopesca, o Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) e a Fundación Empresa-Universidade Galega ( FEUGA), que achegan coñecemento experto, infraestruturas e medios técnicos a disposición dos emprendedores para o desenvolvemento e avance dos seus proxectos.

O vindeiro luns, 8 de Abril as 11:45 horas no edificio CIBUS da Universidade de Santiago de Compostela, presentarase a BFFood, detallando en que consiste a aceleradora e a súa primeira convocatoria, aberta dende o pasado mes de marzo. Por parte da BFFood o acto contará coas intervencións de D. José Luis Villaverde Acuña. Director da Área de Valorización, Transferencia e Emprendimento da USC; Xaquín Ántón Vázquez, Director de I+D de Clavo Food Factory; Juan Feijóo, da Área de Competitividade do IGAPE, e Javier Álvarez, Xerente de BFFood.

Inscrición