×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

O Clúster Alimentario de Galicia (CLUSAGA), no programa de accións Meet the buyer e co apoio do IGAPE, está a organizar unha misión inversa, entre os días 9 ao 11 de abril de 2019, coa visita a Galicia de tres importadores e distribuidores de produtos alimentarios e bebidas en Polonia.

A finalidade do programa desenvolvido polo clúster é a promoción no mercado polaco dos produtos alimentarios e bebidas galegas, así como reforzar a súa presenza no mercado a través dos importadores invitados. O esquema destes encontros consiste na organización de visitas ás fábricas e bodegas das empresas inscritas, reunións bilaterais, e presentacións e encontros cos compradores invitados

Convocatoria Inscrición Máis info