×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

No marco do proxecto europeo New Frontiers in Food (NF4), aceleradora de internacionalización para pemes agroalimentarias innovadoras, o Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) organiza unha misión comercial directa en Brasil do 4 ao 8 de novembro.

A misión comercial directa Brasil 2019 ten como obxectivo coñecer a evolución deste mercado referente a nivel mundial e as posibilidades de negocio nel e, concretamente, nos estados de Sao Paulo e Paraná para as empresas do sector da alimentación e as bebidas galegas.

Como inscribirse e que inclúe a participación na misión?

A participación nesta misión inclúe, por parte de Clusaga, apoio na xestión (viaxe, aloxamento…), elaboración de axenda de contactos personalizada en Sao Paulo e Paraná, participación en actividades conxuntas cos membros do consocio NF4 e axuda nos custos da viaxe e aloxamento.

En concreto, dispoñeranse de tres axudas para pemes de 2.000€ cada unha. A asignación da devandita contía terá en conta a orde de inscrición, así como a participación da entidade noutros proxectos de innovación e internacionalización promovidos por Clusaga.

Podes inscribirche na misión a través do seguinte formulario, no email international@clusaga.org ou no teléfono 981 556 062.

Proxecto NF4

O proxecto NF4 está financiado poloPrograma Europeo para la Competitividad de las Pequeñas y Medianas Empresas (COSME) no marco do European Strategic Cluster Partnerships - Going International (ESCP-4i) e está impulsado por cinco socios: Clusaga (España), Food Valley (Países Baixos), Valorial (Francia), Vitagora (Francia) e Wagralim (Bélxica).

INSCRÍBETE

MÁIS INFO