×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

O II Encontro do Programa de Deseño para a Innovación 2020, orientado a potenciar o deseño no tecido empresarial galego como motor de innovación e competitividade, terá lugar este vernes no CIS Tecnoloxía e Deseño en Ferrol, entre as 10.15 e as 14.30 h.

Nesta edición, o foco ponse no deseño como ferramenta estratéxica para a innovación centrada nas persoas. Este encontro celébrase por segundo ano consecutivo, no marco do Día Mundial do Deseño Industrial, e ten como obxectivo mostrar a importancia da integración do deseño de maneira estratéxica nas empresas e nas organizacións. Tradicionalmente, o deseño veuse concibindo como a parte final dun proceso que posibilita a creación de produtos e servizos, cunha importante carga estética.

O encontro ofrecerá as claves da importancia que adquire o deseño estratéxico nunha organización madura, senón tamén cara a onde evoluciona a profesión dos deseñadores e das deseñadoras e as necesidades que van ter as empresas. No espazo do CIS Tecnoloxía e Deseño mostraranse unha selección de proxectos realizados polos protagonistas deste encontro, así como o proxecto da materioteca presentado neste mesmo mes de xuño.

PROGRAMA DEL EVENTO