×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

A Vicerreitoría de Transferencia da Universidade de Vigo organiza un ciclo de Encontros Universidade-Empresa co obxectivo de estreitar lazos coa contorna empresarial. O próximo venres 5 de abril realizarase o primeiro deles, centrado na alimentación e en colaboración co Clúster Alimentario de Galicia.

O obxectivo fundamental da xornada é fomentar a colaboración Universidade-Empresa e preténdese:

  • Promover un primeiro contacto entre investigadores/as e empresas.
  • Mostrarlle ás empresas o potencial dos/as investigadores/as da Universidade de Vigo.
  • Coñecer de primeira man as necesidades de innovación da contorna produtiva.
  • Planear vías de colaboración entre ambas partes.

Dentro desta xornada presentarase así mesmo a Business Factory Food, detallando en que consiste a aceleradora e a convocatoria aberta dende o pasado mes de marzo. Por parte da BFFood o acto contará coas intervencións de Juan Vázquez, Presidente do Clúster Alimentario de Galicia e Director Xeral de Bodegas Martín Códax; Juan Feijóo, da Área de Competitividade do IGAPE, e Javier Álvarez, Xerente de BFFood.

Inscrición Programa