×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
Workshop Apoios a proxectos de industria 4.0 do sector alimentario en Galicia

O encontro logrou o seu obxetivo de orientar sobre as axudas do Igape aos proxectos piloto industria 4.0 en Galicia 2018. O obxecto destas é a concesión de apoios a proxectos que inclúan a implantación de equipamento e sistemas para a modernización dos procesos nas PEMEs galegas. A implantación consiste na incorporación ás empresas, de tecnoloxías de Industria 4.0, segundo a Axenda de competitividade industrial de Galicia: dende a sensórica e automatización á robotización, incluindo a trazabilidade e a personalización de produtos.

Industria 4.0

Aínda sendo un dos sectores máis vitais da economía, o sector agroalimentario presenta unha gran porcentaxe de empresas con certo estancamento nas primeiras fases da transformación dixital. Aproveitar as oportunidades que ofrece a Industria 4.0 axuda ás empresas a seguir sendo competitivas nun sector en continuo cambio, onde emerxen novos produtos, procesos, tecnoloxías e modelos de negocio constantemente, e se globalizan os mercados. O paso á fábrica do futuro é especialmente importante para pequenas e medianas empresas, a base da economía galega, nas que a integración destas novas tecnoloxías pode propiciar un salto cualitativo na produción e na súa competitividade.

Premios a Proxectos Piloto 4.0 e presenza do CLUSAGA

Nesta problemática aparecen para aportar solucións os Premios a Proxectos Piloto 4.0, outorgados polo IGAPE e dos que, como organismo intermedio, leva participando dende 2016 o CLUSAGA, impulsando ás nosas empresas do sector alimentario cara a Fábrica do Futuro. O obxectivo é a posta en marcha de “smart factories” apoiándose en medidas tecnolóxicas como Internet das cousas (IoT), Sistemas ciberfísicos, Cultura maker e Fábrica 4.0, para capacitalas na adaptación ás necesidades e procesos de produción e mercado.

En 2016 foron tres as empresas que apostaron, co apoio do clúster, polo proxecto industria 4.0, no ano 2017 o número de empresas chegou a catro e en 2018 elaborouse unha proposta que inclúe oito proxectos individuais de empresas, incluindo non só as referentes en alimentación se non empresas que se integran na cadea de valor dos productos alimentarios como empresas de packaging ou loxística.

A revolución tecnolóxica desafía ás empresas de todas as industrias a conectar as súas máquinas, procesos, persoas e produtos para obter eficiencias, diminuír os custos, mellorar as operacións, aumentar a satisfacción do cliente e mellorar as condicións de traballo por todo isto demostrase a relevancia da mesma.