×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

Business Factory Food (BFFood) é a aceleradora do sector alimentario de Galicia. A súa misión é acelerar e consolidar novas empresas que aporten solucións innovadoras ao mercado, afianzar o tecido empresarial e industrial do sector galego e atraer talento nacional e internacional.

Os proxectos que participen no programa terán acceso a un ámbito especializado, con titores, formación, servizos, infraestruturas e medios técnicos especificamente concibidos para o seu desenvolvemento, o que favorece, ademais, a posibilidade de crear sinerxias, colaboracións e enriquecemento mutuo entre as diversas iniciativas. Ademais, está rodeada por un ecosistema de axentes públicos e privados que colaboran para desenrolar solucións innovadoras no eido alimentario.

Retos

BFFood define para cada unha das súas convocatorias os retos aos que os proxectos candidatos a participar no programa deben responder coas súas propostas. Ditos retos responden ás inquedanzas da industria alimentaria galega e ás necesidades de innovación, crecemento e mellora sectoriais.

- Dixitalización e automatización: Reto 1: Predición da demanda de produto + Reto 2: Sistemas de xestión da calidade dixitalizados

- Calidade e seguridade alimentaria: Reto 3: Valoración obxectiva de condicións organolépticas

- Sustentabilidade e packaging: Reto 4: Envases innovadores e sostibles

- Comercialización: Reto 5: Solucións tecnolóxicas para a xestión da comercialización centradas no aporte de valor ao cliente e ao consumidor final

- Desenvolvemento de novos produtos: Reto 6: Rebozados e empanados rexintes e saudables para microondas + Reto 7: Economía circular: aproveitamento e revalorización de subprodutos e excedentes alimentarios

- Trazabilidade e loxística: Reto 8: Etiquetado intelixente

- Innovación no sector alimentario: Reto 9: Reto aberto

Prazo

A fase de convocatoria desta primeira edición remata o próximo 16 de maio de 2019

Para máis información:

No enderezo electrónico: bbf@clusaga.org ou no teléfono: 881023853

Inscrición Web oficial BFFood