×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

Obxecto:

  • Os obradoiros concíbense como espazos de encontro entre empresas para explorar solucións tecnolóxicas e vías de colaboración que dean lugar a proxectos de implementación de ferramentas dixitais colaborativas sectoriais susceptibles de optar ás axudas establecidas nestas bases ou noutras convocatorias, ou ben oportunidades de hibridación intersectorial.
  • Axudas ás PEMES, destinadas á posta en marcha de proxectos cuxa finalidade sexa a implantación de solucións para o soporte dixital de procesos dunha empresa ou para proxectos de interconexión dixital de procesos entre unha peme galega e outras empresas ou entre dúas ou máis pemes galegas como poden ser ordes de fabricación distribuída, sistemas de facturación, procesos entre un líder industrial cara ás pemes que conforman a súa cadea de valor.

Beneficiarios:

Os beneficiarios das axudas poderán ser:

  • Obradoiros: Organismos intermedios de carácter empresarial galegos.
  • Axudas: PEMES

Importe da financiación:

  • Obradoiros: A subvención será do 100 % dos gastos subvencionables ata un máximo de 25.000 € por proxecto e concédese ao abeiro do réxime de axudas de minimis establecido no Regulamento (UE) nº 1407/2013
  • Axudas: A subvención será do 30 % dos investimentos materiais e inmateriais subvencionables para as pequenas empresas, e do 20 % para as medianas. A subvención será do 50 % dos gastos de colaboracións externas subvencionables para ambas as categorías de empresa, pequenas e medianas

Características do proxecto:

Dentro das axudas ás PEMES, os proxectos divídense en dúas modalidades diferentes:

  • Proxectos colectivos, nos cales un grupo de empresas (opcionalmente coordinadas por un organismo intermedio colaborador) aborda unha das tipoloxías de proxecto

  • Proxectos individuais nos cales unha peme aborda unha das tipoloxías de proxecto

Os proxectos da modalidade colectiva terán preferencia sobre os da modalidade individual.

Gastos subvencionables:

  • Investimentos materiais novos e/ou inmateriais adquiridos en propiedade

  • Colaboracións externas de carácter tecnolóxico ou organizativo

  • Nos proxectos da modalidade colectiva, se se opta por contar cun organismo intermedio, este poderá facturar ás pemes participantes en concepto de gastos de coordinación do proxecto

Prazo de realización das actuacións:

  • O prazo de execución dos obradoiros (IG239) non poderá superar o 15 de xuño de 2020.
  • O prazo de execución dos proxectos da primeira convocatoria de axudas (IG240.1) non poderá superar o 15 de xuño de 2020.
  • O prazo de execución dos proxectos da segunda convocatoria (IG240.2) non poderá superar o 15 de outubro de 2020.

Prazo de presentación de solicitudes:

  • Para obradoiros o prazo remata o 15 de marzo do 2019.
  • Para axudas, o primeiro prazo remata tamén o 15 de marzo do 2019, o segundo prazo iniciarase o 3 de xuño do 2019 e rematará o 20 de setembro do 2019.

Referencia lexislativa:

Publicación DOG nº8

Para máis información:

No enderezo electrónico: info@clusaga.org ou ben no teléfono: 881023853

DOG nº8