×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
O consocio do proxecto S3 Food reúnese en Hungría para planificar o seu desenvolvemento

A cidade húngara de Székesfehérvár acolleu o 8 de maio a reunión inicial do proxecto Smart sensor systemns for food safety, quality control and resource efficiency in the food processing industry (S3 Food), á que acudiron representantes dos 13 socios que o conforman.

S3 Food é un proxecto que ten como obxectivo facilitar a dixitalización da industria de transformación dos alimentos, impulsando a incorporación de sensores intelixentes nos procesos de produción para posibilitar, así, a xeración de datos dixitais para o seu ulterior tratamento e explotación mediante o uso de big data.

Dentro do proxecto establecerase unha ampla comunidade intersectorial na que participarán empresas do sector agroalimentario, provedores de tecnoloxía 4.0 e produtores de maquinaria, para permitir a creación de novas cadeas de valor industriais transfronteirizas.

Os 13 socios que forman o proxecto e acudiron á reunión de inicio son: Innoskart ICT Cluster, Flanders’ Food, Agrifood Capital BV, Asociación de la Industria Navarra, Asociación de Investigación de Industrias de la Carne del Principado de Asturias, Bretagne Developpmente Innovation, Clúster Alimentario de Galicia, CORALLIA, Danish Food Cluster, DSP Valley, Food-Processing Initiative E.V. y Wagralim.