×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
O Comité Executivo de BFFood elixe os seis proxectos da primeira edición

As 18 propostas preseleccionadas dun total de 56 presentadas á primeira edición de Business Factory Food defenderon este venres a súa proposta ante o Comité Executivo no pitch day celebrado no salón de actos de FEUGA.

Os seis proxectos que foron seleccionados achegan solucións innovadoras para resolver os retos expostos polas empresas do sector nas áreas da dixitalización, automatización, comercialización, trazabilidad e loxística.

En concreto, os proxectos seleccionados foron AlphaCloud, CERTO. Full Traceable Label, Essence Food, Monkey Market, Muutech monitoring solutions e oSIGris. Todos eles accederán, a partir de agora, a un ámbito especializado para a súa aceleración con mentores, formación, coaching, servizos técnicos, infraestruturas e medios especificamente concibidos para o seu ámbito de desenvolvemento, así como a apoio económico a través de GAIN, XesGalicia e Igape.

A convocatoria da segunda edición de BFFood arrincará en outubro co obxectivo de dar apoio integral e especializado durante 12 meses de duración a empresas xa constituídas cun produto ou servizo aliñado con algún dos retos expostos polas empresas do sector alimentario e coas súas primeiras vendas xa realizadas.