×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
O Clúster Alimentario de Galicia renova a súa Xunta Directiva

A Asemblea Xeral de socios do Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) nomeou como novo Presidente da Xunta Directiva a Juanjo De la Cerda, Director Corporativo de I+D e Calidade do Grupo Nova Pescanova. Substitúe no cargo a Juan A. Vázquez, director xeral de Bodegas Martín Códax, quen levaba catro anos á fronte da organización.

Durante a Asemblea Xeral, os socios decidiron apoiar a única candidatura presentada para presidir a Xunta Directiva do Clúster que se completa con Ignacio Losada (Clavo Congelados) como Vicepresidente, Roberto Carlos Alonso Batista (ANFACO – CECOPESCA) como Secretario, e Andrés Rodríguez (Viña Costeira) como Tesoureiro.

Como vogais atópanse Ana Mª Torrado (Universidade de Vigo), José Manuel Núñez (Torre de Núñez), José Miguel Rivero (Calvo), Jorge Eiroa (Vegalsa Eroski), Juan A. Vázquez (Bodegas Martín Códax), Juan Povedano (Larsa), Jesús Zapico (Innolact), Mª Ángeles Romero (Universidade de Santiago de Compostela), Pablo Gómez (Clun) e Ruy Andrade (Pereira Produtos do Mar).

Durante a Asemblea Xeral de socios, analizáronse tamén as actuacións do Clúster ao longo de 2018 e aprobouse o orzamento e contas da entidade. Outro dos puntos tratados foi a incorporación das novas empresas asociadas á Clusaga, que conta na actualidade cun total de 90 socios, a maior cifra desde a súa creación en 2010.

Finalmente, tras a revisión do Plan Estratéxico 2016-2020 e co obxectivo de facer fronte aos desafíos ambientais e de consumo, na Asemblea Xeral presentouse a incorporación dunha comisión de sustentabilidade e economía circular ao eixo dous “Emprendemento, sustentabilidade e avance para a fábrica do futuro” do devandito plan.

A través dunha cultura de colaboración, Clusaga seguirá traballando para cumprir os seus obxectivos e razón de ser, incrementar a competitividade e visibilidade da industria alimentaria galega, fomentando a innovación e o compromiso coa nosa contorna.