×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
O Clusaga lidera a creación de HUBs de innovación dixital en Galicia

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, asegurou esta mañá en Santiago de Compostela, durante a clausura da xornada de presentación dos hubs de innovación dixital, organizada pola Axencia Galega de Innovación, que serán un instrumento estratéxico capaz de impulsar os principais sectores económicos de Galicia.

O obxectivo da xornada era presentar o modelo de hubs que Galicia vai apoiar e dar a oportunidade de expoñer os seus proxectos a todos os axentes do sistema galego de innovación que presentaron as súas manifestacións de interese. Neste sentido, as oito propostas estaban enfocadas cara a Industria 4.0 e o sector bio, dous eidos nos que Galicia conta cun gran potencial e unha importante oportunidade para competir nos mercados globais.

Conde avanzou que nas próximas semanas se publicará a convocatoria para desenvolver hubs e explicou que se valorará especialmente a súa contribución ao avance da Estratexia de especialización intelixente de Galicia (RIS 3). Os proxectos seleccionados contarán co impulso e acompañamento para a súa posta en marcha.

O obxectivo deste novo instrumento é consolidar proxectos sostibles que sitúen Galicia no primeiro plano da innovación permitindo que as novas tecnoloxías innovadoras cheguen a todas as empresas e se sumen á 4ª revolución industrial. Asemade, o conselleiro lembrou a importancia de que Administración, coñecemento e industria traballen xuntos: “O hub será un instrumento clave para conseguir que o coñecemento dea resposta ás necesidades do tecido produtivo. Este marcará os retos e o sistema de innovación dará as respostas para incorporar as novas tecnoloxías nas estratexias das pemes”, afirmou.

O liderado do CLUSAGA

O CLUSAGA colidera dous hubs, en colaboración con outras organizacións e empresas, unha proposta por cada unha das dos retos identificadas pola RIS3 Reto 1: Novo modelo de xestión dos recursos naturais e culturais baseado na innovación e Reto 2: Novo modelo industrial sustentado na competitividade e o coñecemento.

Neste contexto, o CLUSAGA, como representante do sector da alimentación, incide na importancia de ser impulsores da innovación, non só pola competitividade do sector se non tamén polo crecemento económico da rexión, con este fin as propostas nas que colabora alíñanse á perfección co Plan Estratéxico e coa estratexia RIS 3.