O Clúster Alimentario de Galicia (CLUSAGA), no programa de misións tecnolóxicas está a organizar unha misión directa, entre os días 1 e 4 de abril de 2019, coa visita a Feira Tecnolóxica Hannover Messe.
A finalidade da misión é o coñecemento de primeira man das últimas novidades tecnolóxicas no eido da automatización industrial, a factoría dixital, a enerxía, a subministración industrial, a investigación e a tecnoloxía produtiva, considerando que a Hannover Messe é a principal feira tecnolóxica no conxunto dos sectores industriais a nivel mundial.
Hannover Messe
As solucións de industria integrada e a intelixencia industrial serán os temas centrais da feira. Hannover Messe 2019 mostrará exemplos de aplicacións concretas nestes área e reunirá a líderes internacionais nos campos de automatización e intelixencia artificial na procura de solucións para o futuro. A feira conta asemade con numerosos eventos paralelos, divididos en foros, conferencias e eventos especiais.
O interese da asistencia a esta feira débese ao claro enfoque tecnolóxico, ao amplo rango de liñas tecnolóxicas aplicables á industria de alimentación e bebidas, á importancia das empresas que participan no evento e á posibilidade de establecer relacións e contactos con diversos axentes e para coñecer as últimas tendencias e innovacións.
A misión directa
A misión directa do Cluster Alimentario de Galicia inclúe o apoio a xestión (viaxe, aloxamento e entradas) e a elaboración da axenda da misión. Asemade pode optar a apoio no programa de axudas a proxectos piloto industria 4.0
Máis información
Para inscrición ou calquera aclaración ou información adicional, poden contactar co CLUSAGA en export@clusaga.org ou no teléfono 981 556 062.