×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

AgroBiotech

O Programa AgroBiotech Innovación, constitúe un programa de aceleración desenvolvido polo Parque Tecnolóxico de Galicia, S.A., en colaboración coa Axencia Galega de Innovación, que aspira a incrementar o nivel de excelencia daquelas pemes innovadoras galegas que mostren potencial de crecemento e que estean centradas en actividades priorizadas na Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia (RIS3).

Empresas destinatarias

Serán destinatarias desta terceira Edición do Programa aquelas pemes, innovadoras e/ou de base tecnolóxica, que teñan unha actividade industrial, comercial ou de servizos pertencente ao campo biotecnolóxico, da biomasa ou ao campo agroalimentario. Poderán ser seleccionadas un máximo de 12 empresas.

Prazo de inscrición

As solicitudes de participación presentaranse vía web, sen necesidade de certificado dixital, na web agrobiotech.gal. Para a convocatoria da III Edición do Programa o prazo de inscrición estará aberto dende o 25/02/19 ata o 27/03/19 (inclusive).

Bases e inscrición Vídeo informativo Programa