×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

Obxecto:

O obxecto destas bases é a concesión das axudas da Axencia Galega de Innovación dirixidas ás microempresas e pemes, destinadas ao financiamento das actividades integradas en plans de innovación que lles permitan o fortalecemento naquelas áreas que sexan relevantes para a sistematización e internacionalización dos procesos de innovación da empresa, e estean aliñadas coas prioridades establecidas na RIS3 para Galicia.

Beneficiarios:

Poderán ser beneficiarias destas axudas as microempresas, pequenas e medianas empresas, con domicilio social ou un centro de traballo en Galicia.

Importe da financiación:

O programa ten un orzamento total de 2.800.000 €. Ofrécense axudas a fondo perdido para financiar o 50% dos custos das actividades subvencionables, que son aquelas incluídas nun plan de innovación, que deberá reunir, necesariamente, as características detalladas nas bases.

O orzamento subvencionable será dun mínimo de 80.000 euros e dun máximo de 200.000 euros.

Gastos subvencionables:

  • Custos directos subvencionables para actividades de innovación: custos de obtención, validación e defensa de patentes e outros activos inmateriais; custos de envío en comisión de servizo de persoal altamente cualificado procedente dun organismo de investigación e difusión de coñecementos ou dunha grande empresa; custos de servizos de asesoramento en materia de innovación; Custos de servizos de apoio en materia de innovación

  • Custos directos subvencionables para innovación en materia de procesos e organización: custos de persoal propio; custos de persoal de nova contratación; custos de equipamento e material instrumental de nova adquisición e non adquirido con fondos ou axudas públicas; custos de adquisición de licenzas de propiedade industrial; custos de material, subministracións e produtos similares, que deriven directamente do desenvolvemento do plan; subcontratacións

Prazo de realización das actuacións

A duración mínima será dun ano e a máxima estenderase ata o 30 de novembro de 2020.

Prazo de presentación de solicitudes:

O prazo estará aberto ata o 8 de abril do 2019.

Referencia lexislativa:

Publicación DOG nº28

Para máis información:

No enderezo electrónico: info@clusaga.org ou ben no teléfono: 881023853

DOG nº28