×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

Obxecto:

O obxecto destas bases é a concesión de axudas co fin de realizar accións de cooperación para a implantación de proxectos piloto, desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías nos sectores agroalimentario, agrícola e forestal, nas áreas seguintes: xestión sostible de recursos naturais, sistemas agrarios de produción, industria agroalimentaria, cadea agroalimentaria, bioeconomía e aplicación das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) ao sector.

Beneficiarios:

Os beneficiarios das axudas poderán ser organizacións ou entidades relacionadas coa produción primaria en agricultura e/ou silvicultura, ou empresas transformadoras dos sectores anteriormente mencionados, ou das áreas de enerxías renovables de orixe agrícola e forestal. Xunto aos beneficiarios recibirán parte da axuda unha serie de axentes cooperantes (produtores do sector agroforestal e asociacións, centros de investigación e experimentación públicos e privados, entidades sen ánimo de lucro, entidades asesoras, etc.)

Importe da financiación:

O programa ten un orzamento total de 1.495.800 € cunha subvención do 80% dos gastos que sexan subvencionables. O máximo serán 100.000 € para proxectos que non poderán superar os 150.000 €. Nas bases especifícase o reparto da subvención por anualidades.

Gastos subvencionables:

  • Custo directo de persoal técnico propio

  • Custo directo de execución (material inventariable, adecuación ou mellora de infraestruturas e equipación, servizos tecnolóxicos externos, material funxible, viaxes, organización de xornadas ou edición de material promocional, alquiler varios, divulgación e transferencia de resultados incluido patentes)

  • Colaboracións externas cos cooperantes

  • Custos indirectos: 15% sobre importe de custos directos de persoal

Prazo de realización das actuacións

A duración máxima da iniciativa de cooperación será de tres anualidades e a duración mínima de dúas anualidades.

Prazo de presentación de solicitudes:

Un mes a partir da publicación da convocatoria, 6 de marzo do 2019.

Referencia lexislativa:

Publicación DOG nº26

Para máis información:

No enderezo electrónico: info@clusaga.org ou ben no teléfono: 881023853

DOG nº26