×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

Obxecto:

O obxecto destas bases é a concesión de axudas dentro do Programa Industria do Futuro 4.0 que fomentan a inversión privada para a financiación da innovación a través do apoio a grandes proxectos empresariais de I+D+i centrados no desenvolvemento de tecnoloxías industriais chave para conseguir un modelo produtivo innovador.

Beneficiarios:

A axuda divídese en dúas modalidades de participación: individual ou en cooperación. Os beneficiarios das axudas poderán ser empresas industriais galegas, PEMES ou grandes empresas, agrupacións de empresas e organismos de investigación/difusión galegos (só en proxectos de colaboración). Aos proxectos individuais de I+D poderán ter acceso tanto PEMES como grandes empresas, pero no caso de proxectos individuais en materia de organización e procesos só poderán participar PEMES.

Características dos proxectos:

Os proxectos deberán ter un presuposto subvencionable mínimo de 2 millóns de euros e máximo de 10 millóns. No caso dos proxectos de cooperación, o presuposto do organismo de investigación e difusión non poderá ser inferior ao 15% do custo total subvencionable do proxecto. Se son proxectos en materia de organización e solicitados por grandes empresas, será obrigatoria a colaboración con unha ou varias PEMES, que deberán asumir, como mínimo, o 30% dos custos subvencionables totais do proxecto en cooperación.

A participación mínima de cada unha das empresas participantes deberá ser do 10% do custo total subvencionable.

Gastos subvencionables:

  • Custos directos: persoal, equipamento e material instrumental de nova adquisición, materias e subministros, adquisición de patentes, servizos tecnolóxicos externos, subcontratacións e informes de auditor.

  • Custos indirectos: 10% dos custos de persoal imputados ás actividades de investigación do proxecto.

Prazo de realización das actuacións

A duración mínima dos proxectos será de tres anualidades e a máxima extenderase ata o 30 de xuño do 2022.

Prazo de presentación de solicitudes:

O primeiro prazo remata o 9 de marzo do 2019, o segundo prazo rematará o 31 de xullo do 2019.

Referencia lexislativa:

Publicación DOG nº28

Para máis información:

No enderezo electrónico: info@clusaga.org ou ben no teléfono: 881023853

DOG nº28