×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
Clusaga visita China no marco dunha misión do proxecto NF4

Rob Maxwell, consumer and márketing project manager do Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) visitou do 12 ao 17 de maio Xiamen e Shanghái no marco dunha misión do proxecto New Frontiers in Food Fast Forward (NF4).

A delegación incluía 16 pemes europeas, dentro das cales sete eran españolas. Entre elas atopábanse as nosas empresas socias: Central Lechera Gallega, Dairylac, Galifresh, Montealbor, Ecovinal e Casa Santoña.

Ditas entidades representaban a diferentes áreas do sector alimentario, desde innovación e tecnoloxía ata ingredientes e produtos en si. Esta mestura de empresas permitiu un excelente intercambio de ideas, que foi en beneficio de todos os asistentes. Durante a misión, a delegación puido aproveitar varios eventos e oportunidades, tales como:

- Visitas ao supermercado para coñecer mellor ao consumidor chinés

- Asistencia a centros de investigación e innovación (como o campus de innovación DSM Shanghái e o Shanghái Ocean University)

- Eventos de networking

- Asistencia a SIAL Shanghái (a feira máis importante de alimentación en Asia)

- B2B reunións con clientes potenciais en Shanghái

Ao longo da misión, cada empresa asistente puido obter información de gran utilidade sobre o mercado chinés e desenvolver relacións comerciais.