×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
Clusaga participa na feira Vitafoods Europe 2019

O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga), dentro do programa de misións tecnolóxicas, participou do 6 ao 9 de maio na feira Vitafoods Europe 2019, celebrada en Xenebra (Suiza).

A misión estivo integrada por nosa Innovation project mánager, Lara Rodríguez, e por representantes das nosas entidades socias Quival, Dairylac e Baïa Food Co. A súa finalidade foi dar a coñecer as innovacións no ámbito da nutrición funcional e os nutracéuticos en todo o mundo.

Tamén, a feira serviu para realizar networking e unha sesión de debate conxunta con pemes, representantes de institucións públicas e agrupacións industriais dentro do proxecto New Frontiers in Food (NF4).

Vitafoods Europe é o evento por excelencia ao que acoden as entidades da cadea de subministración de nutracéuticos para establecer relacións comerciais. Os visitantes poden obter ingredientes de alta calidade, materias primas, servizos e outros produtos de máis de 1.200 provedores mundiais.

Ata Xenebra desprazáronse máis de 22.000 visitantes e máis de 1.200 provedores mundiais líderes na industria de produtos naturais.