×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
Clusaga aposta polas tecnoloxías 4.0 para crear unha estratexia de redución de desperdicios innovadora e inclusiva

Así se desprende do estudo realizado en máis dun centenar de industrias, no marco dos traballos que leva a cabo o Grupo Operativo GoSavefood, no que participan asociacións de industrias alimentarias de oito comunidades.

En canto ao proceso de transformación, o 56 por cento das empresas destaca que onde máis diminucións se prodúcen é durante o manipulado e procesado interno (mecánicos, térmicos, biolóxicos, etc.).

Na análise relativa ao produto terminado, o 62 por cento asegura que a maior cantidade de perdas prodúcense por devolucións de distribuidores. As roturas e a caducidade dos produtos son outras as causas máis frecuentes.

Este traballo pon de manifesto que, aínda que na fabricación tamén se producen perdas, estas reducíronse considerablemente nos últimos anos grazas á optimización e dixitalización dos procesos produtivos da industria alimentaria.

Segundo datos da FAO, só na Unión Europea desperdíciase unha media de 173 quilos anuais de alimentos por cidadán. E na cadea de subministración, desde o produtor ata o distribuidor pasando pola industria, poderíase perder en todo o mundo ata un terzo dos alimentos destinados ao consumo humano.

Os desperdicios que se xeran na recepción das materias primas, na transformación e no proceso de manipulado externo e almacenamento destínanse principalmente á alimentación animal, aínda quetamén a refugallos e descartes. Esta última vía de destino abre unha porta á investigación e ao desenvolvemento de solucións para a súa reutilización.

O Grupo Operativo GoSavefood

O Grupo Operativo GoSavefood conta coa participación de Clusaga (Clúster Alimentario de Galicia), AIAA (Asociación de Industrias de Alimentación de Aragón), Landaluz (Asociación Empresarial de Alimentos de Andalucía), Aseacam (Asociación Empresarial de Industrias Alimentarias de la Comunidad de Madrid), Nagrifood (Clúster Agroalimentario de Navarra), Fedacova (Federación Empresarial de Agroalimentación de la Comunidade Valenciana) e o Clúster de Alimentación de Euskadi, todos coordinados por Vitartis (Asociación da industria alimentaria de Castilla y León).

Esta iniciativa enmárcase no Plan Nacional de Desarrollo Rural 2014-2020, financiada polo Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación e o Fondo Europeo Agrícola de Desarollo Rural ( FEADER).