×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
Clusaga analiza o potencial que ofrece Europa do leste ao sector alimentario galego

O pasado 30 de abril, a responsable da área de mercados do Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga), Rob Maxwell participou na xornada “Mercado obxectivo: Europa do leste. Oportunidades de negocio en Romanía e Polonia”, organizada polo Círculo de Empresarios de Galicia en colaboración con ICEX España e Abanca.

Nela, analizáronse as oportunidades de negocio que ofrece esta rexión á industria galega, especialmente ao sector alimentario. E é que Galicia exportou a Polonia produtos por valor de 768 millóns de euros e Romanía investiu 252 millóns de euros en artigos galegos en 2018. Estas cifras converten a ambos os países en grandes clientes da comunidade, situándose ambos en oitava e décimo terceira posición, respectivamente.

A xornada comezou coa intervención de Pedro Mouriño, coordinador do Foro de Internacionalización do Círculo de Empresarios de Galicia, quen abordou a importancia de explorar e desenvolver relacións internacionais máis profundas para as empresas en todos os sectores de Galicia.

Posteriormente, Sergio Prieto, director territorial de Comercio e ICEX en Galicia, describiu a situación do comercio actual e potencial entre España e Galicia. O seu testemuño foi completado a través dunha conexión por videoconferencia, por Jaime Camps, conselleiro comercial da Embaixada de España en Polonia.

Para finalizar, celebrouse un panel de expertos con representantes do sector da automoción, alimentario e Abanca, co obxectivo de que cada relator describise a súa experiencia nos mercados de Europa do leste. Nel interveu Rob Maxwell, quen detallou o antes e o despois dunha serie de empresas que participaron nunha recente misión comercial inversa de Polonia, organizada polo Clusaga, así como os desafíos e oportunidades que se desprenderon tras ela. Dita misión realizada foi unha continuación doutras realizadas en anos anteriores a países do leste.