×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

No marco do proxectoEAPA_1071/2018 -AHFES (Aquadruplehelix Atlantic Area Healthy Food Ecosystem for Growth of SMEs), financiado polo programa Interreg Espazo Atlántico, convócase a contratación de asistencia económica administrativa externa.

O obxecto do devandito contrato é a prestación de servizo para dar apoio á xestión económico-administrativa e ao control financeiro do proxectoAHFES. En concreto, devandito servizo materialízase nas seguintes tarefas:

  • Control orzamentario da execución do proxecto
  • Apoio na articulación dunha pista deauditoria do proxecto
  • Elaboración de informes de seguimento e solicitudes de pago
  • Elaboración do plan de avaliación

O prazo de presentación de candidaturas é de 15 días naturais a contar a partir do día seguinte á publicación deste artigo na páxina web da Agrupación industrial Alimentaria de Galicia. É dicir, finaliza o próximo 30 de maio de 2019.

O obxectivo do proxectoAHFES é a mellora competitiva e crecemento da cadea de valor alimentaria e dun estilo de vida saudable, fortalecendo un ecosistema de innovacióntransnacional que facilite o acceso das pemes ao coñecemento, socios e mercados e que aliñe os seus produtos e servizos coas necesidades e expectativas do consumidor. Co obxectivo así de apoiar un crecemento sustentable.

PREGO DE CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS

PREGO DE PRESCRICIÓNS TÉCNICAS