×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

Smart sensor systems for food safety, quality control and resource efficiency in the food processing industry (S3 Food) é un proxecto que ten como obxectivo facilitar a dixitalización da industria de transformación dos alimentos. Para iso, traballará na incorporación de sensores intelixentes nos procesos de produción que posibiliten a xeración de datos dixitais para o seu ulterior tratamento e explotación mediante o uso de big data.

Dentro do proxecto establecerase unha ampla comunidade intersectorial na que participarán empresas do sector agroalimentario, provedores de tecnoloxía 4.0 e produtores de maquinaria, que permitirán a creación de novas cadeas de valor industriais transfronteirizas.

Obxectivos do proxecto S3 Food

S3 Food axuda a dixitalizar o procesamento de alimentos a través de cinco fases:

  • Fase uno. Analizar como os sensores intelixentes poden funcionar en cada empresa.
  • Fase dúas. Formación e networking entre os participantes.
  • Fase tres. Participación en diferentes eventos.
  • Fase catro. Desenvolvemento da idea cun adestramento personalizado.
  • Fase cinco. Obter fondos para implementar o proxecto.

A incorporación de sensores intelixentes na dixitalización da industria permitirá mellorar a eficiencia e calidade, lograr unha produción e produto sustentable e mellorar a seguridade nos alimentos.

No proxecto poderán participar pequenas e medianas empresas de Europa.

Participantes de S3 Food

Os 13 socios que forman o proxecto S3 Food son: Innoskart ICT Clúster, Flanders’ Food, Agrifood Capital BV, Asociación da Industria Navarra, Asociación de Investigación de Industrias da Carne do Principado de Asturias, Bretagne Developpmente Innovation, Clúster Alimentario de Galicia, CORALLIA, Danish Food Clúster, DSP Valley, Food- Processing Initiative E.V. e Wagralim.

O proxecto está financiado polo Programa de investigación e innovación da Unión Europea Horizonte 2020.

MÁIS INFORMACIÓN