×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

O proxecto Nutriage Solucións Avanzadas para un Envellecemento Saudable a través da Nutrición ten traballa na xeración de solucións avanzadas en investigación e innovación, orientada á demanda de novos produtos adaptados, para mellorar a calidade de vida das persoas maiores na rexión atlántica (Galicia- norte de Portugal).

Obxectivo do proxecto Nutriage

O obxectivo do proxecto Nutriage é asegurar un envellecemento saudable a través da avaliación, estudo e deseño de estratexias nutricionais personalizadas, fundamentadas sobre a alimentación tradicional atlántica, e o desenvolvemento de novos produtos alimenticios. Estes deben optimizar o estado nutricional das persoas maiores e previr o seu declive funcional e cognitivo, xerando capacidades en I+D+i, que favorezan a mellora da calidade de vida das persoas maiores a partir da nutrición, reforcen a sustentabilidade e eficiencia do sistema socio-sanitario e incentiven o crecemento e a xeración de novas oportunidades de negocio para a industria agroalimentaria.

Socios de Nutriage

O proxecto Nutriage está formado por un consorcio integrado polo Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga), a Consellería de Política Social, Xunta de Galicia (Coordinador), a Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade Católica Portuguesa - Centro Rexional do Porto, a Associação Integralar (Portugal Foods), a Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Peixes e Mariscos - Centro Técnico Nacional de Conservación de Produtos da Pesca (ANFACO- CECOPESCA), o Instituto Politécnico de Viana do Castelo Fundación para a Investigación, o Desenvolvemento e a Innovación Ramón Domínguez (Fundación Ramón Domínguez) e a Santa Casa da Misericordia do Porto.

Nutriage está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020.

WEB NUTRIAGE

GUÍA CRITERIOS PRODUCTOS ADAPTADOS A LAS PERSONAS MAYORES