×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

No eixe do Plan Estratéxico de consolidación e proxección do Clúster Alimentario de Galicia, as medidas centrais orientase a consolidación do clúster e ao impulso dunha dinámica de cooperación e traballo en rede no sector, así coma a colaboración a nivel sectorial e intersectorial. Este eixe presenta un rol instrumental xa que ditas actuacións non constitúen fins en si mesmos, senón unha condición para alcanzar os restantes obxectivos.

A súa vez as principais liñas de actuación son: (1) Desenvolvemento de novos instrumentos para promover unha cooperación eficaz e difusión de metodoloxías para o desenvolvemento de capacidades de colaboración; (2) Creación de espazos de coñecemento mutuo e intercambio de experiencias entre socios; e (3) Posta en marcha de grupos de traballo específicos, a fin de identificar posibles áreas de colaboración entre os socios do cluster e outros axentes.

Por outra banda, a cooperación internacional entre clusters de diferentes países realízase co obxectivo de reforzar os vínculos das empresas locais cos nodos internacionais de coñecemento e innovación, e para incrementar a participación das PEMEs en procesos e proxectos colaborativos de innovación a escala transnacional. Desta maneira, pódense xerar novas oportunidades, e así impulsar a súa mellora competitiva e internacionalización.