×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

O Premio Galicia Alimentación á estratexia de mercado e internacionalización, está dirixido a galardoar o esforzo de empresas e organizacións da industria de alimentación e bebidas para acceder, desenvolver e consolidar a súa posición no mercado nacional e internacional. Valorarase a innovación na estratexia de mercadotecnia e internacionalización, a evolución e dinamismo e o desenvolvemento do seu plan de mercadotecnia para o posicionamento en novos nichos e a orientación ao consumidor, adaptándose ás novas tendencias de consumo.

Este premio foi outorgado na primeira Edición do 2015 ao Consello Regular da Denominación de Orixe Rías Baixas polo seu carácter cooperatividade e a súa tendencia de crecemento constante e consolidación nas vendas no exterior e pola súa labor da promoción da calidade.

Na segunda Edición 2016, o premio foi concedido a Torre de Núñez, pola seu alto potencial de crecemento nun curto prazo de tempo e a súa contribución á promoción da calidade e á imaxe dos produtos tradicionais galegos no exterior.

Na terceira Edición 2017 a empresa galardoada co premio foi Ingapan, dedicada á fabricación de masas conxeladas. Comeza a súa actividade en 1959 cun pequeno obradoiro de pan en Lugo, chegando a ser líder no seu sector en España e Portugal e con presenza en 19 países.

Na cuarta edición 2018 gañou este galardón a empresa Quescrem pola súa estratexia diferenciadora asentada sobre catro alicerces fundamentais: innovación, especialización, personalización e internacionalización e persegue un posicionamento diferenciado no mercado en catro áreas: cliente, produto, tecnoloxía e instalacións. Por todo iso, sobresae a súa contribución á promoción da calidade e a imaxe dos produtos galegos actuando así coma embaixadores de Galicia no exterior.

Na quinta edición, o gañador do Premio Galicia Alimentación 2019 foi Grupo Nueva Pescanova pola súa campaña La ciudad que nació del mar, un documental no que se pode ver o rexurdir dunha localidade sen apenas recursos nin estímulos sociais ou económicos de Namibia, Lüderitz, grazas ao impulso da industria pesqueira da entidade hai case 30 anos. Desde o punto de vista da comunicación, o documental é unha iniciativa de sensibilización, unha ferramenta para concienciar sobre o importante papel que as empresas están chamadas a xogar na procura e desenvolvemento de modelos produtivos responsables e sustentables.