×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

O proxecto C- Voucher (Circularize ValUe CHains across European Regional Innovation Strategies) pretende xerar novas cadeas de valor cun enfoque de economía circular, combinando cadeas de valor industriais (industria agroalimentaria, saúde, industria do mar, téxtil e fabricación) con tecnoloxías facilitadoras.

Que ofrece C- Voucher?

Para conseguir o obxectivo, C- Voucher concederá apoio a pemes europeas por un valor total de 4,2 millóns de euros mediante vales directos de 1,4 millóns de euros (destinados a implementación de tecnoloxía) e 2,8 millóns de euros en servizos adicionais. Este proxecto conta con dous tipos de convocatorias: Programa de Circularidade e Programa de replicación da cadea de valor.

Ao "Programa de Circularidade", no cal as empresas deseñarán novas solucións de circularidade, terán acceso 24 pemes. Para iso, este programa de aceleración de ata 9 meses concede vales de ata 60.000 euros e servizos de deseñadores en residencia e mentores que os guiarán durante o desenvolvemento do programa.

Outras 42 pemes serán seleccionadas para o "Programa de replicación da cadea de valor", no que obterán 15.000 euros para crear plans de viabilidade circular. Este programa terá unha duración de 3 meses.

Partners e financiamento de C- Voucher

Este proxecto recibe financiamento do programa de investigación e innovación Horizonte 2020 da Unión Europea, e está a ser executado por un consorcio formado por 13 socios de seis países diferentes (Dinamarca, Francia, España, Polonia, Romanía e Suecia), entre os cales se atopa a Axencia Galega de Innovación (GAIN). O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) apoia a GAIN na difusión e visibilidade das diferentes convocatorias para atraer a participación das empresas do sector da alimentación galegas.

FOLLETO CORPORATIVO