×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
Vinigalicia S.L.

O grupo Bodegueiro ViniGalicia é un grupo empresarial familiar que nace na localidade de Chantada, corazón da Ribeira Sacra, no ano 1940, mais non é ata 1996 cando nace fisicamente. O grupo está formado por Vinícola de Chantada, Vía Romana Adegas e Viñedos, Bodegas Cervantino e Aceite Latino, así como varias bodegas repartidas polas distintas denominacións de orixe galegas que están controladas polo grupo.

Dende o grupo ofrécese unha gran diversidade de produtos, dende viños a granel a viños de mesa embotellados, viños especiais, viños D.O. Rías Baixas, Ribeiro, Ribeira Sacra, Valdeorras e A Mancha, viños escumosos, viños de cociña, sangrías, tintos de verán, augardentes, licores e aceite de oliva virxe extra.

Ademais a calidade dos seus produtos é un dos valores aos que lles dan maior importancia, así é que contan co certificado de conformidade coa normativa alimentaria BRC e o certificado que avala á xa recoñecida máxima calidade en toda a gama de produtos.