×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
Viña Moraima S.C.G

ViñaMoraima S. Coop. Galega é unha pequena cooperativa vitivinícola que naceu no ano 2006 no concello de Barro (Pontevedra), e que figura desde o inicio da súa actividade acollida á Denominación de Orixe Rías Baixas. O signo distintivo de ViñaMoraima é que está formada por viticultores, algúns con tradición familiar centenaria, que decidiron unirse para elaborar viños coas características propias das plantacións das Abas do Val do Salnés.

Partindo dunha agricultura de produción integrada, a cooperativa investiu fundamentalmente en dotar á adega dos medios técnicos que permiten sacar o máximo partido á calidade da uva, dando como resultado uns viños monovarietales albariño 100% nos que se aprecian as súas características propias. Na actualidade, ViñaMoraima elabora dous viños: ABA DE TRASUMIA e MORAIMA.