×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
Vermutería de Galicia S.L.

Vermutería de Galicia foi fundada no ano 2013 e comezou a súa produción e comercialización en marzo de 2014, vendendo ese ano 47.000 litros de vermú. A empresa recuperou a fórmula tradicional, nunha contorna vinculada especialmente coa historia e a cultura de Galicia. O vermú Petroni está elaborado exclusivamente con uva procedente das plantacións do Pazo de Arretén, en Padrón, adega con D.O. Rías Baixas, utilizando a fórmula tradicional que o fai cento por cento natural.

O nome, St. Petroni, o deseño da botella e o logo simbolizan o espírito da historia do Santo Patrón (Petroni-Patrón-Padrón), como síntese da relación de Padrón co camiño de Santiago e da chegada dos restos do Apóstolo á vila.