×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
USC

A Universidade de Santiago de Compostela é unha institución fundada no ano 1495 por Lope Gómez de Marzoa, para proporcionar medios para a educación e formación á disposición da sociedade. Está presente en dúas cidades galegas con gran carga histórica, Santiago de Compostela e Lugo, contando con 63 titulacións oficiais e 6 propias, ademais de diversos cursos de postgrao, másteres e cursos de especialización.

Progresivamente, foi adoptando actividades adicionais ás formativas, relacionadas coa investigación, o desenvolvemento sostible e a dinamización non só social, senón tamén cultural e económica. Por outro lado, colabora na inserción laboral e na adquisición de experiencia do colectivo estudantil, co establecemento de convenios de prácticas entre a universidade e as diferentes empresas e institucións.