×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
Torre de Nuñez de Conturiz S.L.

Torre de Núñez comeza a súa andaina hai máis de 40 anos, adicada á produción de produtos cárnicos. A compañía experimentou un crecemento vertixinoso nas décadas posteriores, expandindo as súas ventas a numerosos grupos de clientes.

No referente á variedade de produtos ofertados, destacan no seu catálogo variedades de xamón, embutidos, cocidos, loncheados e especialidades galegas, que inclúen chourizo, lomo, lacón ou touciño, entre outros.

Os controis realizados polo seu propio departamento de calidade, a obtención da certificación ISO 9001 e o recoñecemento do cumplimento das esixentes especificacións para o recoñecemento de Xamón Serrano Español, realizado cos métodos tradicionais, permiten que a produción desta empresa sexa identificada como de elevada calidade non só no mercado nacional, senón tamén entre os consumidores extranxeiros.