×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
Quival S.A.

Quival S.A. foi fundada no ano 1980 en Campo Lameiro, Pontevedra, coma empresa adicada á comercialización de froitos secos e froitas deshidratadas e, tras un importante esforzo, logrou posicionarse no liderado do mercado galego e nacional.

Quival oferta unha ampla variedade de froitos secos e froitas deshidratadas baixo a marca El Nogal. Algúns deles son as améndoas, cacahuetes, anacardos, avelás, millo tostado, noces, cirolas, pasas, fariña de améndoa, améndoas ou coco raiado, entre outros.

A constante preocupación polas necesidades dos consumidores, así como a rápida resposta aos clientes e os fortes controis de calidade aos que someten os seus produtos, son dende os seus inicios os eixes estratéxicos da empresa. Quival conta coa certificación de calidade ISO 9001.